Para poder poñer ligazóns nesta bitácora, simplemente, cando escribades na caixa: Texto, dentro de Nueva anotación (como estou a facer eu neste momento), a palabra ou frase que queredes que sexa unha ligazón, simplemente a resaltades (a marcades arrastrando o rato sobre a palabra para que quede sinalada) e pulsades no botón URL enriba da caixa, á dereita de Texto. Aparecerá unha nova xanela na que escribides o enderezo http://www.exemplo...., aceptades, e marcades se queredes que apareza nunha xanela nova (senón, machacará a páxina da bitácora que estedes a ler).
Supoño que está bastante claro e explícito, senón... preguntade!!!
E para as imaxes... o proceso é un pouco, SÓ UN POUCO, máis complicado. Se a imaxe é roubada doutra bitácora (é dicir, xa está na rede) só tedes que copiar o enderezo desa ligazón, e dentro do cadro Texto, nun espacio en blanco, pulsar no botón IMG. Unha xanela preguntará polo enderezo e o nome para esa imaxe.
Se o que queredes é subir imaxes, á dereita de Nueva anotación escolledes a opción WebFTP. Pediríavos, por ser un pouco ordeados, que subades as imaxes ó cartafol imaxes, así que pulsades nel, para ver as que xa están subidas. Na barra da dereita, seleccionades, ou subir arquivos(podedes subir cousas que non sexan imaxes, como documentos,... pero hai que sinalalos como ligazón (como no paso do principio, non como imaxe) ou subir imaxes na parte inferior. Ollo! A imaxe non pode pesar máis de 60 kb. (na opción de subir imaxe, creo que a propia bitácora, fai a reconversión, pero igual a calidade non é moi boa... é preferible ter a imaxe xa preparada, cun tamaño menor que 60 kb.) Unha vez subidas as imaxes, de novo en Nueva anotación na caixa de texto, teremos un desplegable, que pon Listado de archivos subidos recientemente, onde só teremos que seleccionar o arquivo que colgamos anteriormente... e xa está!!!
O resto de botóns que hai á dereita de Texto, sirven para escribir en cursiva, negrita,... Podedes probar por vos mesmos.
Para dúbidas, preguntas e insultos... xa sabedes...