" No lugar de Vilasuso, un grande penedo, que semella encabalgado noutras rochas, orientado ó Sur, reflecte o sol esplendoroso da mañán sobre o Val de Trasancos, é a Pena Molexa.
Unha lenda conta que unha moura sae na mañanciña de San Xoan amosando un tesouro e pedindo ós que alí pasan que escollan del o que consideren de máis valor.
Para racha-lo encanto terían que escollela a ela, máis a xente cobizosa sempre escolle o ouro, que nese momento esváese có encanto.
Esta moura, muller fermosa ou fada, é a representación dunha grande Deusa Nai da comunidade, territorio ou estado dos celtas que quedou simbolizada na Pena Molexa. "

Todo isto ven a conto para situarvos no festival de maxia que os magos profesionais de GALICIA celebrarán cada ano na Pena Molexa do Val, en Narón na noite máxica do 23 de Xuño, San Xoan. Este ano o programa inclúe :
- 19:00 Xogos populares e deportes rurais.
-Cena a base de churrasco no chiringuito de turno, a precios populares, non é gratis cutres.....![]()
- 22:00 Actuación de maxia a cargo dos magos Antón, Sasa , Antonio Romariz, Pablo e Anllo.
- 24:00 Escenificación da lenda de Pena Molexa. Lumeirada.
Así que xa sabedes, vaiamos á Molexa por San Xoan....
Etor
Etor — 24-06-2005 16:27:07
Sr.Lobo — 24-06-2005 18:26:51
cristina — 25-04-2006 22:38:51
Etor — 29-04-2006 16:15:53